Page 102 - Edición final para libro digital
P. 102
ma e reedificación dos muros para conservalos útiles. Esta teoría ten a súa
base no achado, entre os escombros dentro da torre do reloxo, dun escudo
coas armas correspondentes ao apelido Fonseca, que sen dúbida se atopa-
ría no ana-
co de mura-
lla ou na
torre de-
rrubada, e
foi deixado
alí cando se
fixeron as
reformas.
Tendo en
conta estes
Restos da muralla narúa das Laxes. (Foto José M. Bermúdez)
datos, po-
demos deducir que as antigas murallas que rodearon a Vila de Muros foron
levantadas no século XIII ou XIV e reconstruídas no século XVI.
No interior da fortaleza levantábanse tamén varias casas forte,
construcións dedicadas a vivenda pero coas súas correspondentes torres de
vixilancia e defensa, unha delas era a coñecida como casa da “torreta”,
xunto a Porta da Vila , propiedade da “casa solar da Penela”. Outra casa
forte ou torre, era a antiga “Casa Da Costa”, que se cree foi propiedade dos
“Gómez da Costa” e atopábase nas inmediacións do Castelo.
No ano 1.834 o Concello conseguiu a autorización para demoler a
segunda das torres da Porta da Vila , que xa se atopaba en moi mal estado.
101