Page 216 - Edición final para libro digital
P. 216
A epidemia do cólera
No ano 1.833, Muros padece unha das peores epidemias que afec-
tan a saúde colectiva dos seus veciños.
O día 30 de xaneiro de 1.833 arriba ao porto de Muros un bergantín
gardacostas nomeado “Argos”. A bordo desta nave procedente do porto de
Vigo viaxaban varios tripulantes infectados pola enfermidade bacteriana
coñecida como “O Cólera”. O pouco tempo da visita o noso peirao do “Ar-
gos” comezáronse a notar na Vila os primeiros casos de contaxio da enfer-
midade. Xa a noite do 7 de febreiro se fixo patente, nunha familia do pobo,
o brote epidémico. Os síntomas característicos deste mal, vómitos, diarre-
as, cambras abdominais, extravíos de conciencia, etc. Apareceron primeiro
nunha das fillas, axiña se estendeu a doenza o pai, a nai e unha irmá daque-
la, finalmente o mal cebouse tamén con outros dous nenos da familia. Can-
do se deu a primeira alarma xa a enfermidade se estaba propagando paula-
tinamente por toda a poboación. A súa expansión acadou tamén os arra-
baldes da Vila afectando en pouco tempo os habitantes das parroquias de
Serres e Carnota o haber tido contacto directo a xente destes lugares cos
habitantes de Muros. Non teño constancia de si esa epidemia se cobrou
vítimas mortais, e moito menos a cantidade si é que as houbo, pero si hai
constancia de que foron innumerables os afectados en toda a comarca, o
igual que en case tódalas rexións de Europa, que se viron prexudicadas pola
pandemia procedente de Asia.
215