Page 305 - Edición final para libro digital
P. 305
nha das diversas obras que sobre Muros e os Concellos veciños se escribi-
ron ate o momento.
No Concello de Carnota chegouse a un acordo para investigar na
zona coñecida como Torre dos Mouros, preto de Lira, un lugar descoñecido
pola maioría, do que tan so falaban os labregos e a xente da aldea que co-
ñece os montes como ninguén. Hai postas moitas esperanzas nos estudos
que xa se están a realizar neste novo achado; unhas investigacións que po-
derían cambiar radicalmente moitos dos coñecemento que ate o de agora
temos respecto a nosa prehistoria. Existe tamén en Esteiro, no alto dun
monte, outra posible fonte de novos descubrimentos, nunha zona na cal se
coida que puidera haber existido tamén unha torre de vixilancia sobre un
Outeiro na aldea da Laxe, a 320 metros de altura. Segundo os expertos es-
taría nun sitio estratéxico. No lugar acháronse tellas, restos de cunchas,
chanzos traballados na pedra, pías e a presenza de un manancial. Parece foi
tamén encontrado un taboeiro de xogo tallado na pedra. Estas circunstan-
cias fannos pensar que puideron habitar a zona persoas que desde o lugar
vixiaban o camiño que subía desde a Silvosa, ademais de ter unha perfecta
atalaia para controlar a entrada a ría e a illa da Creba, que foron durante
moito tempo refuxio dos piratas árabes e zona de reparación das súas na-
ves no século XII
Teño a certeza de que, a pesar da miña vontade por abarcar a maior
cantidade de datos que poñan luz e recordo sobre o noso Concello e a súa
bisbarra, han de ser moitas as lagoas que teñen o seu curruncho neste libro.
Moita mais e a información da que dispoño e que podería pasar a formar
parte da historia que aquí intento sacar a luz, pero non tiven en ningún
momento a intención de poñer nada que non puidese verificar primeiro, xa
que esta obra intenta ser un compendio de acontecementos certos e do-
304