Page 260 - JUNIO 2024
P. 260
Desde o meu recuncho para ti. 16
Grazas por chegar á miña vida.
O meu amor, quero darche as grazas por chegar á miña vida, e
darme a oportunidade de coñecer o amor verdadeiro:
Ese que podes sentir desde a punta dos teus dedos ata o máis
profundo do teu corazón.
Porque o teu sorriso é a forza que me dá o impulso que necesito
para seguir adiante na miña vida, buscando o meu lugar no
mundo, buscando a felicidade, algo que se que poderei alcanzar
téndoche a ti ao meu lado.
Demostráchesme que, a pesar de que no pasado sufrín por amor,
vale a pena abrir o meu corazón de novo, buscando a felicidade,
a cal conseguín grazas a ti, quen conseguiu que todas e cada unha
das miñas feridas poidan sanar, e poidan axudarme a recobrar a
miña fe no amor.
Estas palabras son un exemplo do que me fas sentir no profundo
do meu corazón e que me fai ser mellor persoa cada día, por iso
nunca me vou a cansar de darche grazas por chegar á miña vida.
Sei que as palabras llas leva o vento, pero quero que lembres
cada unha delas, e nelas encerran un sincero e profundo ÁMOCHE.
Sei que xamais vou poder atopar a unha persoa que me faga máis
feliz que ti e por ese motivo sinto agradecido e halagado, porque
nunca poderei amar a ninguén como che amei, desta maneira
tola, que leva a metade do meu corazón. ÁMOCHE.
(Ti fasme amarche cada día máis)