Page 108 - Edición final para libro digital
P. 108
do Son, dito fortín dispoñía de 16 canóns i era considerado como un dos
principais puntos de defensa contra as incursión dos corsarios aínda no ano
1.609.
Para vixiaren as costas había repartidas polos montes mais altos i
en contacto
visual unhas
con outras,
torres de pedra
circulares nas
cales facían
garda os veci-
ños da Vila e os
seus arredores
en quendas de
24 horas, Estas
torres ou atala-
Lenda da Cruz de Rebordiño. (Foto José M. Bermúdez)
ias, facíanse
sinais con bandeiras para comunicarse. As diferentes torres situábanse no
Muíño do Vento, Pedras Agudas, Monte Louro e Monte Cabazo, (Lariño).
Tamén se exercía a vixilancia desde o Castelo, o forte de Monte Louro e o
posto de Santa Cruz. Nestes lugares adoitaban facer garda un piloto e un
mariñeiro. O 31 de agosto de 1.689 o conde de Puñonrrostro ordenou ao
sarxento maior da praza de Muros levar a cabo, axudado polos milicianos,
a reparación da torre de Santa Cruz e a construción de trincheiras na Vila
para maior seguridade. En esa torre facían garda os pilotos por quendas e
comunicábanlle ao axudante de mariña as novas ocorridas.
107