Page 112 - Edición final para libro digital
P. 112
dos neste mesmo libro, dan como orixe destas ruínas a fortaleza que foi
construída na idade media para defender a entrada da Ría e da que se ten
referencia sobre a súa completa ruína no 1.809, ao mesmo tempo aproxi-
madamente que as torres de vixilancia de monte Cabazo e a de Santa Cruz.
Existe unha lenda ao respecto que fala de que a Virxe apareceuse naquel
lugar onde o monte está perforado por covas inexpugnables que ninguén
coñece, dise que estas covas atravesan a montaña en vertical até chegaren
ao mar.
Monte Louro e lagoa de Xalfas. (Foto José M. Bermúdez)
Outra lenda di que na lagoa de Xalfas existiu antigamente un pobo
fundido misteriosamente nas súas augas, ao formarse esta cos aportes do
río Longarela as augas salgadas que lle chegan do mar. Incluso chegouse a
especular coa mítica cidade da Atlántida. Outra lenda do lugar fala de seres
encantados que campan polas dunas, protexéndose a vista das persoas
entre as canas e a area. Probablemente a lenda mais preta da realidade
sexa a da existencia no alto do monte dunha antiga Ermida que habería
111