Page 117 - Edición final para libro digital
P. 117
ou a menos nos censos intermedios.. Estes datos veñen a demostrar o
enorme interese que para o Reino supoñía o porto de Muros. De aí os privi-
lexios que tanto os Reis como os Bispos de Compostela outorgaban con
frecuencia a nosa Vila , a cal consideraban o principal punto de entrada de
mercadorías cara a cidade do Apóstolo, así como un dos principais abaste-
cedores de peixe, especialmente sardiña, para os territorios da Coroa.
Aínda no ano 1.827, segundo os datos do dicionario xeográfico es-
tatístico de España e Portugal, aparece Muros con case 2.000 habitantes
Vigo en 1.877. (Fonte “Vigo XX”)
mais que Vilagarcía, que incluía no censo dúas das súas principais parro-
quias, e tamén Barrantes, parroquia pertencente a Vilanova, atopábase
ademais Muros bastante por encima de outras grandes vilas como Noia ou
Ribeira, e incluso de cidades capitais de provincia como Lugo. O Ferrol, a
pesar de ter xa guarnición da mariña, escolas militares , etc, tan so triplica-
ba o censo muradán, e toda a xurisdición de Vigo superaba a nosa Vila en
tan so 1.500 habitantes, non chegando, a que e hoxe a primeira cidade de
Galicia, a superar os 1.000 habitantes na súa vila capital. Non e unha cues-
tión menor que o principal porto pesqueiro e comercial de Galicia na actua-
lidade, tan so tivese unha pequena rampla como infraestrutura portuaria
116