Page 121 - Edición final para libro digital
P. 121

edificio, o Concello afrontou unha reforma  do mesmo, comezando unhas
          obras  que  estiveron  varios  anos  paralizadas,  ate  que  finalmente,  re-

          inaugurouse no ano 2010, totalmente reformado o seu interior. A pesar da
          inversión  efectuada  e  das  melloras,  actualmente  segue  tendo  moi  pouca
          actividade, e non se conseguiu o obxectivo de revitalización da zona. A pe-
          sar da escasa actividade existente neste edificio, segue sendo un referente
          patrimonial no pobo e unha das mais fermosas construcións do Concello.

          Este  edificio  foi  construído  o  século  pasado.  É  de  planta  rectangular  con
          catro semi-plantas as que se accede por unhas amplas escaleiras interiores,
                                                                  dispón  ta-

                                                                  mén      de
                                                                      ascensor
                                                                    mecánico.
                                                                  Unha  dobre
                                                                  escaleira  de

                                                                  cantería,  de
                                                                  tres  tramos
                                                                  e  dous  des-

                                                                       cansos,
                     Mercado de abastos. (Coleción “Foto Otero”)
                                                                     exquisita-
          mente construída con pasamáns de mampostería, dan acceso directo polo
          exterior cara a parte alta. A fachada principal remata con dos pináculos no
          tellado, a ambos lados da mesma, e no centro, enriba da porta superior, ten

          unha especie de espadana cunha figura tallada no medio de dúas columnas
          tamén traballadas en pedra.





                                                                          120
   116   117   118   119   120   121   122   123   124   125   126