Page 126 - Edición final para libro digital
P. 126
O barrio da Xesta
As casas que se construíron fora da fortaleza comezáronse a facer
ao longo da ribeira, mesmo pegadas ao mar e de sur a norte, o novo núcleo
de poboación foi coñecido como o Burgo. As primeiras vivendas fixéronse
no 1.661, estaban estas cimentadas sobre a praia e as pedras que bordea-
Lanchas atracadas baixo as ventás. (Coleción “Foto Otero”)
ban a costa. Coas mareas altas eran batidas polo mar, chegando a auga até
dentro dos sotos e sendo imposible transitar baixo os seus soportais. As
pequenas embarcacións pesqueiras construíanse mesmo a porta das viven-
das e incluso, as de altura varaban a beira dos soportais, tocando moitas
veces coas súas plumas as partes altas das fachadas. Coa marea baixa as
persoas transitaban pola beira da do mar baixo os arcos dos soportais que
servían de abrigo os mariñeiros para traballaren nas súas embarcacións
125