Page 130 - Edición final para libro digital
P. 130

na situación dos vasallos, que si ven foron vencedores nun principio, víron-
          se prexudicados finalmente, perdendo unha gran parte das súas liberdades.

                 No século XV, o enfrontamento entre os señores feudais e aqueles
          que  pertencían  as  clases  populares  foise  facendo  cada  vez  mais  patente,
          debido  ao  dominio  e  o  abuso  do  poder  que  exercían  os  nobres sobre  os
          pobos. Esta circunstancia dou lugar a que os pobos galegos se unisen en
          irmandades e  formando tropas para loitar  contra  aquelas inxustizas. Por

          orde do Rei Enrique IV foi constituída a irmandade de pobos que percorreu
          toda  Galicia  derribando  Castelos  e  levantando  os  vasallos  en  contra  dos
          seus señores e conseguindo vencelos. Pero os nobres conseguiron unirse e

          recuperaren o seu estatus ao derrotaren posteriormente a irmandade, que
          non logrou o seu obxectivo final até que foi novamente creada polos Reis
          Católicos, que lle concederon á autoridade e prestixio suficiente para redu-
          ciren a obediencia os ambiciosos señores. Desta irmandade formou parte a
          Vila de Muros, que se uniu a cidade de Santiago e a Vila de Noia, contando

          coa axuda dalgúns nobres que lles xuraron a súa axuda e protección.

                 Os veciños de Muros, e sobre todo os habitantes das súas parro-
          quias  rurais,  tiñan  unha  tradición  rebelde,  eran  coñecidos  como  “Gente
          belicosa”, como os definiu o Cardinal Jerónimo del Hoyo. Esta actitude dos
          naturais da comarca, era debida, probablemente, a proximidade con San-

          tiago, entrada a Galicia da maioría dos movementos comunais europeos a
          partir do século XII. Esta puido ser a razón de que as loitas entre os grandes
          e pequenos señores laicos i eclesiásticos, así como arcebispos e cabaleiros

          polo  dominio  das  xurisdicións  rurais  e  urbanas  da  terra  de  Santiago  non
          chegaran a influír neste Concello. De feito a torre arcebispal de Muros, ao
          igual que a de Noia, non foi afectada polas guerras irmandiñas, como así
          lles ocorreu as de Santiago, Pontevedra e Padrón.

                                                                          129
   125   126   127   128   129   130   131   132   133   134   135