Page 132 - Edición final para libro digital
P. 132
A inquisición
A inquisición chegou a Galicia cos Reis Católicos, que estableceron
este tribunal de Fe e Santo Oficio a semellanza de outros estados Pontificios
europeos onde xa actuaba esta institución co fin de evitar a propaganda
herética e que xudeus e mahometanos expandiran polos países Cristiáns as
súas relixións.
Muros, como vila pertencente ao Reino Católico de Galicia, someti-
do ao mesmo tempo ao reinado de Castela, e como territorio pontificio
dependente do Arcebispado Compostelán, tivo tamén os seus familiares e
comisarios dese Santo Oficio, que a pesar de haber comezado con nobres
intencións terminou por converterse nunha cruel e refinada
arma política, sendo utilizada mais como
medio de exterminio e vinganza que co-
mo institución defensora da Fe e as
crenzas cristiáns.
A inquisición actuou en Es-
paña desde o 1.478 até o 1.834,
cando foi abolida durante o reina-
do de Isabel II. A pesar de haber
sido consecuencia de unha bula do
Papa Sixto IV, ao contrario da inquisi-
ción medieval, dependía directamente
da coroa española. Tratábase de un orga-
nismo inter-estatal capaz de atravesar as
Escudo da inquisición española.
fronteiras entre as coroas de Castela e Ara-
(Fonte “Taringa”)
gón, mentres que os axentes ordinarios non
131