Page 136 - Edición final para libro digital
P. 136
Temporal na Ría de 1.533
O 21 de novembro de 1.533, atopábanse coas redes botadas na Ría,
preto da illa da Creba, varios barcos de Muros e Noia que estaban a coller
sardiña, era a madrugada do venres cando se levantou un gran temporal de
vento acompañado de fortes choivas e saraiba. Estando a maioría das em-
barcacións cos aparellos largados, non quixeron estes volver a terra sen
recolleren as redes, razón pola cal non tiveron ocasión de evitaren a traxe-
dia que se lles votou encima.
A pesar de que moitos conseguiron chegar a porto, foron tamén
moitos os que se viron envoltos polas ondas e o vento, de tal maneira que
cinco deles, cando xa habían posto rumbo ao peirao de Muros, naufraga-
ron, catro foron a pique como consecuencia da auga que anegou os pes-
queiros e outro foi empuxado polo vento cara as as pedras da ribeira da
Creba, contra as cales foi esnaquizado polos golpes de mar. 13 mariñeiros
morreron mentres outros conseguían alcanzar a costa a nado ou aferrados
aos restos dos cascos dos barcos. Das trece vítimas mortais 12 eran de Mu-
ros e un de Noia.
Os barcos de Noia conseguiron acercarse a terra abandonando os
seus tripulantes os trincados e conseguindo salvar a súas vidas antes de que
os barcos fosen feitos anacos contra as rochas. Algunhas das embarcacións
que foron sorprendidas polo temporal puxeron rumbo a Noia coas bodegas
cargadas de sardiña conseguindo chegar ao pobo veciño cos seus carga-
mentos, si ben estes estaban totalmente inservibles por mor da auga que
había alagado as súas bodegas.
135