Page 137 - Edición final para libro digital
P. 137

A batalla de Muros



                 O combate naval de Muros tivo lugar na nosa ría, fronte a Vila , o 25
          de xullo de 1.543, foi unha sonada vitoria militar española na que se enfron-
          taron unha escuadra francesa formada por 25 navíos ao mando de Jean de
          Clamorgan e do corsario Hallebarde e outra española de 16 naves, coman-

          dada por Don Álvaro de Bazán, “El Viejo”. Nesta batalla tomou parte tamén
          seu fillo Álvaro de Bazán, “El Joven”, a pesar de non contar con mais de 18
          anos. Nos parágrafos seguintes exponse o desenrolo dos acontecementos.

                 Despois do fracaso da expedición española contra Arxel en 1.541, o
          Rei  francés,  Francisco  I,  aliado  con  Turquía,  Dinamarca  e  Suecia,  violou  a

          tregua  de  Niza  e  declaroulle  de  novo  a  guerra  a  España.  Por  esta  razón
          aprestouse a alistar unha escuadra para combater contra as armadas ingle-
          sa i española, que daquela eran aliadas. Foi o propio Rei francés quen diri-
          xiu os preparativos no porto de “El Havre”, coa intención de repeler o ata-

          que inglés.

                 Mentres  tanto  encomendoulle  ao  vicealmirante  De  Burye  armar
          unha segunda escuadra para atacar a España, esa escuadra foi alistada nos
          portos  de  Bayona,  Burdeos  e  San  Xoán  aproveitando  a  escasa  presenza
          española no golfo de Biscaia.

                 O Emperador Carlos, temendo un ataque nas augas do golfo, enco-

          mendoulle a Don Álvaro de Bazán, alcumado “El Viejo”, capitán xeral das
          galeras de España, que se trasladara ao Mar Cantábrico e reunira unha es-
          cuadra para impedir o ataque francés.

                 Don Álvaro formou unha escuadra con naves de Guipúscoa e Biscaia
          mais as que tiña dispoñibles nas catro   vilas, co que contou rapidamente

          con corenta naves con un desprazamento de entre duascentas e cincocen-
                                                                          136
   132   133   134   135   136   137   138   139   140   141   142