Page 139 - Edición final para libro digital
P. 139

A escuadra francesa, no seu rumbo cara  as costas de Galicia, apre-
          sou dous mercantes Biscaíños, un erro que alertou ao gobernador da praza

          Don Sancho de Leiva, quen enviou inmediatamente emisarios para advertir
          a Bazán da presenza e o rumbo da escuadra francesa.

                 Don Álvaro, que se había desprendido de unha parte da súa armada
          e, sobre todo, dos soldados enviados a Flandes, atopábase nese momento
          terminando de preparar as súas naves e dispoñía tan so de uns mil solda-

          dos. Ao ler as mensaxes de Leiva, respondeulle pedindo reforzos, séndolle
          enviados inmediatamente cincocentos vellos arcabuceiros.

                 Estando Bazán intentando aprestar as súas naves o antes posible, o
          10 de xullo pasou polas augas de Laredo a escuadra francesa sen apercibir-
          se de que naquel porto atopábase facendo preparativos a escuadra españo-

          la. Convencidos de que non había naves españolas pola zona , saquearon
          varias poboacións da costa, entre elas Laxe, Corcubión e Fisterra, continua-
          ron a súa ruta cara ao sur e finalmente fondearon fronte a Vila de Muros, a
          que lle esixiron un rescate de 12.000 ducados a cambio de non arrasala.

                 Ante a delicada situación, Álvaro de Bazán dispuxo de todas as na-

          ves e homes que lle foi posible e fíxose ao mar. Navegando a toda velocida-
          de chegou a Muros en pouco tempo, collendo os franceses desprevidos.

                 Os franceses permanecían fondeados fronte a Muros mentres o xe-
          ral Mr. De Sana trataba cos veciños da Vila  o pago do rescate cando a flota
          de Don Álvaro se lles votou encima a toda vela. Bazán tan so había podido

          alistar 16 barcos dos mais grandes dos que dispoñía, pero a pesar diso o
          factor sorpresa e o superior tamaño dos navíos dábanlle certa vantaxe ante
          as 25 naves francesas.



                                                                          138
   134   135   136   137   138   139   140   141   142   143   144