Page 144 - Edición final para libro digital
P. 144
As operacións catastrais custaron á Facenda Real, segundo Canga
Argüelles, cinco anos de esforzos e 40 millóns de reais. Para Concepción
Camareiro, "o número de xuíces subdelegados que dirixiron ditas investi-
gacións en cada unha das 14.672 entidades de poboación achegouse ao
milleiro; nas súas audiencias traballaron máis de seis mil homes, os peri-
tos dos pobos pasaron do noventa mil; nos documentos elaborados que-
daron rexistrados máis de sete millóns de persoas e varios centos de mi-
llóns de pezas de terra, que se pasearon e recoñeceron unha a unha, e
moitas foron medidas; contáronse as colmeas, cada unha das cabezas de
gando; obtivéronse as “tazmías” de cinco anos; os Concellos, mosteiros e
nobres tiveron que desempoar cartapacios dos seus arquivos para facer
copiar e legalizar os documentos nos que figuraban os seus ancestrais
privilexios; non quedou casa, nin curral, nin tenda sen medir, nin cuba de
viño sen cubicar; en moitos pobos até se contaron as árbores”.
Deixando de lado o que puidese ser e non foi, ao non implantarse
a reforma fiscal, tampouco entrou en vigor un sistema de rexistro de bens,
o que entendemos agora por catastro, no que se houbesen ir reflectindo
os cambios por venda, herdanza e outros, nas propiedades rexistradas.
Con todo, o importantísimo volume de documentos, a pesar das perdas
explicadas anteriormente, permite a máis completa radiografía da Coroa
de Castela a finais do Antigo Réxime”.
143