Page 147 - Edición final para libro digital
P. 147
gunhas que produzan máis dunha colleita ao ano, as que tan só dean unha
e as que necesitan dun ano de intermedio para recuperarse.
5. cantas calidades de terra hai en cada unha das especies que de-
clarasen, boa, mediana ou inferior.
6. Se hai algunha plantación de árbores nas terras que declararon,
como froiteiras, moreiras, oliveiras, figueiras, amendoeira, *parras, alga-
rrobos, etc.
7. En cales das terras están plantadas as árbores que declararen.
8. En que conformidade están feitos as plantacións, se estendidas
en toda a terra ou ás marxes, nunha, dúas, tres fileiras, ou na forma que
estiveren.
9. Que medidas de terra se usan no pobo: de cantos pasos ou va-
ras castelás cadradas se compoñen, que cantidade de cada especie de
grans dos que se collen no termo seméntase en cada unha.
10. Que número de medidas de terra haberá no termo, distinguin-
do as de cada especie e calidade, por exemplo, tantas *fanegas, ou do
nome, que tivese a medida de terra de cereais da mellor calidade, tantas
de mediana bondade e tantas de inferior; e o propio nas demais especies
que houberen declarado.
11. Que especies de froitos se collen no termo
12. Que cantidade de froitos de cada xénero, uns anos con outros,
produce cun cultivo ordinario, unha medida de terra de cada especie e
calidade das que houbera no termo, sen comprender o produto das árbo-
res que houbese.
146