Page 150 - Edición final para libro digital
P. 150
30. Se hai hospitais, de que calidade, que renda teñen e de que se
manteñen.
31. Se hai algún banqueiro, mercador de por maior ou quen se be-
neficie do seu negocio por man de corredor ou outra persoa, con lucro e
interese; e que cantidade considérase que pode obter cada un ao ano.
32. Se no pobo hai algún tendeiro de panos, roupas de ouro, prata
e seda, lenzos, especias ou outras mercadorías, médicos, cirurxiáns, boti-
carios, escribáns, areeiros, etc. e que ganancia calcúlase pode ter cada un
ao ano.
33. Que ocupacións de artes mecánicas hai no pobo, con distin-
ción, como albaneis, canteiros, veterinarios, ferreiros, cordeiros, zapatei-
ros, xastres, tecedores, sombreireiros, ou os que se dediquen a tinguir lan,
facer luvas ou facer mangas, etc.; explicando en cada oficio dos que hou-
bera, o número que haxa de mestres oficiais e aprendices, e que ingresos
poden ter ao día, traballando soamente no seu oficio, cada un.
34. Se hai entre os artistas algún, que tendo caudal, faga preven-
ción de materiais correspondentes ao seu propio oficio ou a outros, para
vender aos demais, ou fixera algún outro comercio, ou entrase en arren-
damentos; explicar quen e que beneficios consideran que lles pode que-
dar ao ano a cada un dos que houbese.
35. Que número de xornaleiros haberá no pobo e a como se paga
o xornal diario a cada un.
36. Cantos probes de solemnidade haberá na poboación.
149