Page 154 - Edición final para libro digital
P. 154
ras e xesteiras, cuxas tres últimas especies non se podan nin cortan con
regra nin orde, tan só algunha rama dos carballos cando os seus donos as
necesitan, por ser poucos e de pouca consideración os que hai, e algún
toxo ou xesta para queimar. Seméntaa de cereais de regadío e secaño de
primeira e segunda calidade producen un ano millo; e outro centeo.
5ª Á quinta. Que en cada unha das outras especies hai primeira,
segunda e terceira concepción dos froiteiros e só una dos carballos.
6ª Á sexta. Que aínda que nos termos desta Vila áchanse algúns
froiteiros, como son pereiras, maceiras, figueiras, etc. non hai ningunha
oliveira, moreira, nin calquera outra especie á que fai referencia a pregun-
ta.
7ª Á sétima. Que os froiteiros que declararon na anterior, e os
carballos que contén a cuarta, áchanse en terras que só serven para estas
especies, aínda que se poden atopar algúns carballos ou froiteiros disper-
sos.
8ª Á oitava. Que aínda que queda devandito que os froiteiros e
carballos, áchanse en terra destinada só para ese efecto, están plantados
e sen orde, estendidos por todas as terras, sen arte nin curiosidade, e os
que están dispersos atópanse ralos e non en fileiras.
9ª Á novena. Que a medida que se utiliza nesta Vila e o seu ter-
mo, coñécese co nome de ferrado de Centeo, que se compón de doce
concas, o mesmo que o de trigo e o de millo miúdo. Ten de circunferencia
cento vinte varas castelás que corresponden a trinta por catro e no que
ocupa esta medida, seméntanse nove *Concas de Trigo, unha de millo
miúdo, tres de millo, un ferrado de liñaza, e que de cada unha destas dúas
últimas especies fai o ferrado dez e seis concas.
153