Page 155 - Edición final para libro digital
P. 155

10ª    Á Décima. Que non poden  dicir fixo o número de medidas
          de terra que hai na Vila e o seu termo, só que teñen especies e calidades

          que deixan sementadas, cultívanse  e frutifican, fóra dos montes, eiras, e
          camiños, para cuxa verificación se remiten ás relación dos individuos, e ao
          recoñecemento que o señor subdelegado fixo, conformándose co número
          que destas dilixencias resultan.

                 11ª    Á undécima. Que nesta Vila e o seu termo cultívanse como

          hortalizas verzas galegas, como cereais, centeo e millo, no viñedo viño, na
          froiteiras froita, e nos Prados herba de sega.

                 12ª    Á duodécima. Que unha medida de terra das que explicaron,
          sementada de cereais, xa sexa de regadío como de secaño, non se distin-
          gue na súa produción. É posible que a colleita da terra de regadío teña

          menos sustancia que a de secaño, e a que ten sexa grazas ao beneficio da
          auga e á almacenaxe do cereal e do millo  nun hórreo ordinario. Recóllese
          unha  produción  de  catro  ferrados  na  primeiro  cultivo,  ao  ano  seguinte
          seméntase centeo e produce tres ferrados, e collido este, e no mesmo ano
          seméntase outra vez de millo  producindo outro tres ferrados desta espe-

          cie, sendo esta de segunda calidade. Logo seméntase un ano millo  e pro-
          duce tres ferrados, ao ano seguinte sementase centeo de primeira man e
          produce outros tres, e colleito este e no mesmo ano seméntase de millo e

          produce  dous  ferrados  e  medio,  sendo este  xa  de  terceira  calidade,  se-
          méntase  un  ano de  millo,  e  produce  dous  ferrados,  e  alternativamente
          faise de Centeo e produce dous ferrados. Un ferrado de terra dedicada a
          hortalizas, tanto de regadío  como de secaño, sendo de primeira colleita,
          está regulado en vinte e catro Reais de vellón, de segunda en dez e oito, e

          de terceira en doce. Un ferrado de Terra posta a viñedo de Cata produce
          tres cañados de viño de primeira colleita, de segunda dúas, e de terceira
                                                                          154
   150   151   152   153   154   155   156   157   158   159   160