Page 151 - Edición final para libro digital
P. 151
37. Se hai algúns individuos que teñan embarcacións, que nave-
guen na mar ou ríos, para facer portes ou para pescar; cantas, a quen per-
tencen e que beneficios se considera dá cada unha ao seu dono ao ano.
38. Cantos clérigos hai no pobo.
39. Se hai algúns conventos, de que relixións e sexo, e que número
de cada un.
40. Se o Rei ten no termo ou pobo algunha leira ou renda, que non
corresponda ás xerais nin ás provinciais, que deben extinguirse; cales son,
como se administran e canto producen.”
Datos xerais
Preámbulo
Dentro da casa da Audiencia da Vila de Muros, sinalada para a súa
operación, a vinte e cinco de Agosto de mil setecentos cincuenta e tres. O
Sr. Don Cecilio Morfhi Val e Vila, Subdelegado da Real Única Contribución,
precedido polo recado político e a correspondente citación, presentouse
ante min, escribán, a dar principio ás Respostas Xerais do Interrogatorio
sinalado coa letra A cuxo impreso antecede polo Correspondente a esta
Vila, con asistencia do Licenciado DON Juan Antonio Arredondo, Prior da
Colexiata desta Vila: Don Francisco Alejandro de Silva, Xuíz. Don Domingo
Malvárez, Alcalde. Don Domingo Antonio Martínez. Don Blas Malvárez,
rexedores. Don Carlos de Ebia e Barreira, Procurador Xeral. Domingo An-
tonio Fernández Duque, escribán de número e concello desta mesma Vila.
Jacinto Gómez; Xacobo Lamela e Joseph Barreiros, Labradores e Veciños
nomeados por parte dos naturais. Genuario Nodal, Miguel Lamiña, Juan
150