Page 148 - Edición final para libro digital
P. 148
13. Que produto calcúlase que darán por medida de terra as árbo-
res que houbera, segundo a forma en que estivese feita a plantación, cada
unha na súa especie.
14. Que valor teñen normalmente, un ano con outro os froitos que
producen as terras do termo, cada calidade deles.
15. Que dereitos áchanse impostos sobre as terras do termo, co-
mo décimo, primicia, terzo décimo ou outros; e a quen pertencen.
16. A que cantidade de froitos adoitan montar os referidos derei-
tos de cada especie ou a que prezo adoitan arrendarse un ano con outro.
17. Se hai algunhas minas, saliña, muíños fariñeiros ou de papel,
batáns ou outros artefactos no termo, distinguindo de que metais e de
que uso, explicando os seus donos e o que se calcula produce cada un de
beneficio ao ano.
18. Se hai algún esquilmo no termo, a quen pertence, que número
de gando vén ao esquileo e que beneficio se calcula que lle dá ao seu do-
no cada ano.
19. Se hai colmeas no termo, cantas e a quen pertencen.
20. Que especies de gando hai no pobo e no termo, excluíndo as
mulas de coche e cabalos de agasallo; e se algún veciño ten cabana ou
eguada que pasta fóra do termo, onde e que número de cabezas, expli-
cando o nome do dono.
21. De que número de veciños componse a poboación e cantos
nas casas de campo ou aldeas.
147