Page 143 - Edición final para libro digital
P. 143
fronte ao Inquisidor Xeral. O seu secretario Bartolomeu Sánchez de Valen-
cia, que dirixira a operación piloto en Guadalaxara, é a alma de todo o
proceso. Tamén é fundamental o Marqués de “Puertonuevo”, que actuou
de analista, consultor e asesor.
As investigacións nos pobos encoméndanse aos Intendentes Pro-
vinciais; posteriormente intervirán no proceso as Contadorías Provinciais.
Todo o proceso sería a conta do Erario Real.
Os datos recolleitos considéranse bastante fiables, grazas a caute-
las como a comprobación dos datos por peritos, en ocasións dos pobos
veciños; a lectura pública dos libros do Real ou a presenza do párroco do
lugar, que achega os certificados de pagos de “diezmos”.
En 1756 os traballos estaban case concluídos, aínda que algunhas
operacións como a de Murcia tiveran que repetirse completas, e as inves-
tigacións da Vila e Corte alargáronse sen remedio, quedando sen terminar
polos intentos de ocultismo e oposición dos sectores privilexiados. A caída
de Ensenada en xullo de 1754 non significara a paralización do proxecto.
En 1757 obtívose mesmo o Breve do Papa Benedito XIV que autorizaba á
aplicación da Única Contribución aos bens dos eclesiásticos. E cando nada
parecía impedir xa a posta en marcha do novo sistema fiscal, a morte de
Bartolomeu Sánchez de Valencia en ese mesmo ano, sumada á inacción da
Administración pola incapacidade do Rei Fernando VI, debida a súa grave
melancolía desde a morte da Raíña Bárbara de Bragança, fan que se pase
o momento. Volverase a estudar a reforma en 1760 e en 1770, xa no rei-
nado de Carlos III, e abandónase definitivamente en 1779, trinta anos
despois do inicio da investigación.
142