Page 142 - Edición final para libro digital
P. 142

Catastro do “Marqués de la Ensena-

                                         da”



                 “O  “Catastro  do  Marqués  da  Ensenada”,  levado  a  cabo  no  ano
          1.753, foi o paso previo a unha reforma fiscal, que non se levou a efecto,
          cuxo  propósito  era  simplificar  as  vixentes e  complicadas  rendas  provin-
          ciais e substituílas por unha Única Contribución "a proporción do que cada
          un ten, con equidade e xustiza". Para coñecer a renda real das persoas,

          lugares, provincias do Reino, era necesario facer previamente unha inves-
          tigación" universal de todos os bens dos vasallos, sen excepcións, tamén
          dos eclesiásticos e dos nobres. O Catastro, realízase a partir das declara-

          cións individuais, que se facían cabeza a cabeza, tanto unidades familia-
          res, como institucionais. Nisto consiste o Catastro: Declaracións de bens
          dos titulares, comprobación da veracidade pola Administración con axuda
          dos  peritos  e  técnicos,  constitución  dos  libros  onde  se  rexistraba  todo,
          cálculo do valor fiscal deses bens, establecemento dos estadios de resumo

          de  cada  pobo  (separando  os  leigos  e  eclesiásticos)  e  á  súa  vez  de  cada
          provincia. Todo iso para calcular a renda local, a provincial e a do Reino.

                 A Instrución formada por 41 artigos ou capítulos, explica con todo
          detalle a forma de proceder, o que había que pescudar, como fixar as uti-
          lidades e as rendas e os libros oficiais en que todo debía quedar recolleito

          e  formalizado.  Completábase  cunha  serie  de  formularios  e  anexos,  con
          modelos e exemplos prácticos.

                 Para desenvolver o proxecto créase un organismo administrativo
          superior, a Real Xunta da Única Contribución, que dependía directamente
          do Rei Fernando VI. Formada por membros dos Consellos e Intendentes,

          para tranquilizar ao Clero ante a investigación dos seus bens colócase á
                                                                          141
   137   138   139   140   141   142   143   144   145   146   147