Page 160 - Edición final para libro digital
P. 160
tiago de Louro por unha antiga posesión sen coñecerse outro título, así
mesmo cobra catrocentos setenta e nove Reais de Vellón de dous xuros
na vila de Madrid, como consta de dous privilexios cuxas copias se presen-
tan, ten tamén en virtude de privilexio o dereito de ....Ilexible..... que por
un quinquenio renda anualmente cento cincuenta reais de vellón. Igual-
mente ten de renda douscentos corenta e catro ferrados de centeo que lle
pagan os veciños do termo desta Vila e os da freguesía de San Xián de
Torea, polo lugar de Pando, en intelixencia que o que esta freguesía paga
son trinta ferrados.
24ª Á Vinte e catro. Que do que contén só ten esta vila o impos-
to de “...Intelixible...” por cada dous litros de viño, e cuarto en milleiro de
sardiña, que por un quinquenio importaría tres mil Reais de Vellón.
25ª Á vinte e cinco. ”...Ilexible...”. Se á fundación doutra Colexia-
ta para relevar aos Veciños dela, de concorrer cos décimos que antes dou-
tra fundación pagábanse ao Cura párroco que era da que hai na Colexiata,
e o expresado Concello. Paga tamén esta Vila ao convento de San Francis-
co catrocentos cincuenta Reais de Vellón por razón de padroado e ser-
móns de entre ano: así mesmo paga a cera e aceite que se consome nas
dúas Igrexas, Colexiata e Parroquial, que por un quinquenio chega a mil
Reais de Vellón cada ano: setecentos cincuenta de subsidio e reservado
polas dúas Igrexas, Colexiata e Parroquial anualmente, e en cada terzo
douscentos cincuenta Reais. Ao escribán do Concello cento dez e sete
cada ano. Ao inspector corenta e catro: ao reloxeiro cincuenta e cinco: a
cada Rexedor vinte e cinco, e os novecentos sesenta Reais de Vellón ao
Arcebispo de Santiago por razón do ano de Mula e Culler como queda
expresado na pregunta segunda.
159