Page 162 - Edición final para libro digital
P. 162
sións que cobra de diferentes suxeitos, segundo consta da relación entre-
gada polo mordomo, de cuxa fundación non hai memoria, si en cambio de
que a Vila a súa xustiza e rexemento están en posesión de ser patróns, e
como tales nomean mordomo, para a administración, manutención, e bo
coidado do devandito hospital. Así mesmo hai outro chamado dos “Láza-
ros” que se reduce a tres Casas que serven para hospedar e curar nelas
algún pobre leproso cando o hai, e cando non se aplican os seus alugueres
co valor dalgunhas rendas forais e a produción dalgúns terreos para a
manutención do outro Hospital por ser de padroado doutra vila, de cuxos
bens tamén ten dado relación o mordomo a quen se remiten.
31ª Ao trinta e unha até o trinta e cinco inclusive. Que en punto
do que cada unha contén remítense á lista xurada de tódolos oficios feitos
ante o presente escribán, (artes, facultades, e ocupacións servís e mecáni-
cas), que foi entregada, considerándose aos labradores como xornaleiros
ao non haber individuo que traballe por xornal, regulan en dous reais a
cada un día traballado.
36ª Ao trinta e seis. Que nesta Vila e o seu termo hai corenta
pobres de solemnidade.
37ª Ao trinta e sete, que nesta mesma Vila hai oito pataches e
dez pinazas, todas en condicións de navegar e que transportan xéneros
aos portos do Reino e estranxeiros: E así mesmo, hai setenta e unhas lan-
chas de falca e pesca, cuxas utilidades van reguladas na lista de oficios e
calidades, que entregan á súa Mercé a quen se remiten.
38ª Ao trinta e oito. Que os clérigos que hai no termo desta Vila
son oito: Don Xullo Antonio Arredondo, Prior da Colexiata; cinco cóengos
161