Page 163 - Edición final para libro digital
P. 163

actualmente (aínda que son dez da dotación) e seis clérigos mercenarios,
          todos presbíteros.

                 39ª    Ao trinta e nove. Que hai un convento de relixiosos de San
          Francisco que se compón dun gardián, vinte sacerdotes e cinco coristas e

          leigos.

                 40ª    Ao corenta. Que non ten S.M. leira nin renda que non co-
          rrespondan a provinciais ou xerais, fóra dos dereitos e reais plantacións
          que se lle outorgan na lista. Segundo consta nesta, a cal lle é remitida. Hai
          tamén unha fortaleza ou castelo que se acha gornecido por doce canóns

          montados,  e  dentro  do  mesmo  castelo  existen  dous  almacéns,  un  para
          pólvora e outro para balas, como tamén consta noutra lista.



                  Todo o exposto é a resposta que deron ás preguntas do Interroga-
          torio, baixo xuramento dos leigos en autos, nos que se ratifican novamen-

          te, Igualmente os peritos xuran practicar o seu oficio con toda realidade,
          sen fraude, suborno, nin presión, vendo, lido, e entendido a súa declara-
          ción dando a esta o seu aprobado, confirmando e ratificando a mesma,
          asinaron todos eles, co señor subdelegado, menos os curas, que por non
          estar presentes, asinaron outros no seu nome. De todo iso, eu, escribán,

          dou fe. Asinan: Don Cecilio Morphi, Don Francisco Alejandro de Silva, Do-
          mingo Antonio Malvárez, Blas Joseph Malvárez Caamaño, Domingo Anto-
          nio  Martínez,    Juan  de  Malvárez,  Domingo  Antonio  Fernández  Duque,

          Carlos de Evia e Barreira, Miguel de Lamiña, Juan de Ces, Jenuario Nodal,
          Juan de Maio. A rogo de Francisco Galego, ante min, Domingo Rinezo e
          Caamaño.


                                                                          162
   158   159   160   161   162   163   164   165   166   167   168