Page 167 - Edición final para libro digital
P. 167

Xuíz de Mariña

                 Don Juan de Navia goza dun soldo de cincuenta escudos mensuais
          como oficial segundo da Comandancia de Cádiz, máis outros doce escudos
                                   como gratificación.

                                Ministro de Mariña

                 Don Ignacio da Igrexa non percibe asignación algunha máis que o

          xornal que lle corresponde como mariñeiro.
                       Dependentes de Tabacos e Aduanas


                 Don Vicente Álvarez de Ortega, goza como administrador dun sol-
          do de douscentos ducados anuais pola renda do tabaco, máis cento sesen-
          ta reais que lle corresponderán do dez por cento que cobra dos dereitos

          de rendas xerais. Don Juan Francisco San Martín, cabo do resgardo goza
          dun salario de cinco reais diarios. Don Juan Ignacio de Montes, como gar-
          da recibe un salario de catro reais de vellón diarios, Don Antonio de Lago,
          recadeiro oficial, ten de salario tres Reais diarios e Don Marcelo de Lago
          recibe igual cantidade.


                 Nota: Este último vive na parroquia de Serres, lindeira con esta Vi-
          la. Dona Inés Martínez, estanqueira, ten un salario de tres reais diarios.
                       Dependentes de Rendas Provinciais


                 Don  Joseph  Sánchez do  Pozo,  Administrador,  goza  dun soldo  de
          douscentos  cincuenta  ducados  anuais,  Don  Thomás  de  Lois,  fiel,  ten  o
          salario de novecentos reais anuais, Don Benito Gonzales, Garda, ten un
          salario  de  cen  ducados  e  Don  Domingo  Antonio  Celeiro,    tamén  garda,

          percibe dous Reais diarios.


                                                                          166
   162   163   164   165   166   167   168   169   170   171   172