Page 168 - Edición final para libro digital
P. 168
Dependentes de Salinas
Don Joseph Pozo, Receptor, goza dun soldo de douscentos duca-
dos, Don Juan Ruiz, sobre chaves, ten cen ducados de soldo anual, don
Juan Antonio Sánchez ten de salario cincuenta ducados e Don Matheo
Sánchez, medidor, o mesmo.
Administrador das sete “rentillas” e Cereiro
O anteriormente nomeado Don Domingo Antonio Martínez, rexe-
dor, concédeselle como dereito por cuarto de libra de peixe, seiscentos
reais anuais pola décima que lle corresponde por este dereito, e como
cereiro cincocentos reais tamén ao ano.
Suxeitos que dan diñeiro a Lucro
A Don Casiano Pérez outórganselle dous mil catrocentos reais ao
ano en base aos vinte mil que se consideran de ganancia nas embarca-
cións deste porto, co risco de quilla e costado, a razón dun seis por cento
en cada viaxe, e considerándolle dúas ao ano. A Dona María Antonia Par-
diñas, nai de Don Juan Antonio Arredondo, Prior desta Colexiata, e que
vive na súa compañía, outórgaselle igual cantidade, proporcional ás ga-
nancias cos mesmos riscos e intereses que o anterior, a Don Juan Antonio
Porrua, considéranselle mil oitocentos reais de beneficio anual por quince
mil, que se consideran en beneficios brutos, cos mesmos riscos e intereses
que os antecedentes, a Francisco de Evia outórganselle mil oitocentos
reais anuais polas mesmas razóns e coas mesmas condicións que a ante-
rior.
167