Page 158 - Edición final para libro digital
P. 158
consortes, que unicamente serven para usalos eles, chamados o Queima-
do e o Queimado de arriba, ambos de Ignacio Fernández. O de Cubelo de
Ignacio dous Barreiros veciño da freguesía de San Xoán de Serres, xurisdi-
ción de Muros, e o do Naranxo do Sr. Fernández, Veciño da mesma fre-
guesía, que os catro son de canle e moen cada un catro meses ao ano,
“...Ilexible...” o Pio de Badaqueira, e a cada muíño regulan de utilidade
cincuenta reais de Vellón.
18ª Ao dezaoito. Que no termo desta vila non hai sitio destinado
para o esquileo porque cada individuo faio por se en cada casa remitín-
dose, como se remiten ás relacións presentadas, e recoñecemento feito
para o número de gando, e todo o de o que e contratado fáiselle dar a
ganancia á mitra, a excepción do de lan que é á do esquilmo, e o cabreiro i
eguas ao cuarto. Segundo as súas deducións regulan de utilidade a unha
ovella por la e cría en tres reais de vellón dous pola cría e un pola la, non
se utiliza o leite por servir para o alimento da cría: O esquilmo dun carnei-
ro nun real, a utilidade dunha cabra seis, cinco pola cría e un polo leite: a
unha vaca leiteira cincuenta reais de vellón: un boi once Reais sendo pro-
pio e o mesmo dado en aluguer repartíndose ao 50% Dono e que o ten: a
unha vaca de Cría vinte e catro Reais e dez máis por razón do leite, estes
para o tratante só, e o vinte e catro a metades iguais para el e o dono, e a
mesma cantidade, pero completa sendo propia, e a unha Vaca sen cría
custa oito Reais, unha egua trinta Reais, con todo de calquera Continxen-
cia.
19ª Ao dezanove, que non poden dicir con exactitude a colmeas
hai no termo desta Vila para cuxo número e pertenza remítense ás rela-
cións, e recoñecementos feitos, pero regulan a utilidade de cada unha en
157