Page 159 - Edición final para libro digital
P. 159
seis reais de vellón sendo propia, e o mesmo dadas en aluguer repartíndo-
se metade por metade dono e tratante.
20ª Ao vinte. Que no Termo desta Vila hai bois, vacas, Xatos,
tenreiros, ovellas, carneiros, cabras, machos cabróns, porcos, porcas de
cría e non outra cousa; sen que poidan explicar o número e pertenza de
cada un, polo que se remiten ás relacións, e recoñecementos os feitos,
tampouco saben se fose do termo ten ningunha Veciño Cabana nin egua-
da.
21ª Á vinte e unha. Que esta Vila e termo da súa comprensión
comporase de catrocentos sesenta veciños sen que ningún viva, nin teña
casas de campo nin aldeas, e para a maior verificación remítense á lista da
veciñanza, e máis a recadación presentados onde constará o número
exacto.
22ª Á vinte e dúas. Que nesta Vila e termo hai tantas casas como
veciños que as habitan, fóra dalgunhas terreas que serven para recoller
gando, ningunha está inhabitable nin arruinada, cuxas as pensións parti-
culares constarán das súas relacións ás que se lles remiten.
23ª Ao Vinte e tres, que esta vila ten e posúe as propiedades se-
guintes, unha Casa dun alto, doce varas de fronte por seis de fondo seis
“....Ilexible...” Don Alberto Jiance. Izqda. Rúa cuxa Casa se acha sita na
praza desta Vila, e serve de Consistorio para as cousas relacionadas co
Concello. Ten tamén un monte chamado de Muros e Miraflores, con cen
ferrados de inútil de natureza, limitando coa mesma vila de Muros, a po-
ñente coa freguesía de Santiago de Louro, ao norte co termo de San Xoán
de Serres, ao leste co mar. Igualmente ten a Vila en propiedade cento
dezasete Reais de Vellón que anualmente lle paga dita freguesía de San-
158