Page 133 - Edición final para libro digital
P. 133

podían  exceder  os  límites xurisdicionais  establecidos  entre  os  respectivos
          Reinos.Os membros da Santa Inquisición en Muros e a súa comarca foron

          xente que tamén pertencía a nobreza da  Vila , xa que para ese cargo no-
          meábanse so fidalgos e persoas distinguidas. Como dato histórico mencio-
          narei aquí uns cantos personaxes que formaron parte da familia de inquisi-
          dores en  Muros e algúns datos sobre os seus cargos e familia.

                 Don Antonio Xerpe de Caamaño: Foi o primeiro familiar do Santo

          oficio do que se ten noticia, no ano 1.573. Era notario público rexedor per-
          petuo da Vila de Muros.

                 Don Antonio de Junqueras Falcón y pazos: Familiar do Santo Oficio
          no 1.618. Era descendente do Solar dos Falcón i estaba casado cunha irmá
          do Prior da Colexiata, Don Luís Amor, un dos fundadores da Capela de San

          Antonio dentro desta.
                 Don Juan Patiño y Figueiras: Fillo de Don Pedro Patiño e de Dona

          Teresa Figueiras, fundadores dunha gran vinculación de bens no ano 1.580,
          estivo casado con Dona Catalina Oanes Corposanto de Guemez, que era a
          súa vez , tamén irmá do Prior da colexiata Don Luís Amor. Pasou a formar

          parte da inquisición en 1.620 e finou o 16 de maio de 1.634.
                 Francisco  de  Ciprián:  Foi  canónico  e  cura  na  Colexiata  de  Muros.

          Exerceu como inquisidor a partir do ano 1.630.

                 Don  Pedro  Bouzas  González:  E  nomeado  familiar  do  Santo  oficio
          polos inquisidores do Reino de Galicia e o seu distrito o 9 de xuño de 1.633
          cos  apelidos  de  Fernández  Agra.  Pedro  Bouzas  era  rexedor  e  procurador
          xeral da Vila de Muros.





                                                                          132
   128   129   130   131   132   133   134   135   136   137   138