Page 120 - Edición final para libro digital
P. 120
embarcacións mais grandes e preparadas a prezos moito mais competitivos,
xa que procedían do descarte de outras flotas pesqueiras, vasca e catalá
principalmente, tan so persistiron durante algúns anos unhas cantas carpin-
terías de praia, concentradas nas parroquias de Tal i Esteiro, dedicadas a
facer pequenas embarcacións, pero incluso estas foron desaparecendo ao
comezaren a construírse as lanchas e pequenos botes con novos materiais
como a fibra de vidro. Isto supuxo o peche definitivo dunha industria que
no século XIX tiña un importante peso na economía do Concello. Co tempo
tamén a industria conserveira entrou en decadencia sen que Muros conse-
guise recuperar novamente a súa privilexiada posición como porto comer-
cial e perdendo unha gran parte do seu peso en Galicia como porto pes-
queiro ao verse superado en crecemento por Vilas emerxentes que acada-
ron, a partir da segunda metade do século XX, unha notable importancia na
industria pesqueira e, incluso como portos de mercancías, tal e o caso de
Vilagarcía ou Ribeira.
Mercado de Abastos
O mercado de abastos en Muros foi un dos motores económicos da
Vila no século XX. Nel movíase unha gran parte da mercadoría perecedoira
que se consumía no Concello. A economía da Vila movíase principalmente o
redor deste edificio, situándose a maioría dos comercios nas rúas que na-
cen na súa praza. Xa no último cuarto do século a tendencia foi cambiando,
establecéndose o comercio principalmente na avenida da Mariña, e per-
dendo o mercado importancia paulatinamente, ate o punto de quedar prac-
ticamente baldeiro. Coa intención de revitalizar a zona e poñer en valor o
119