Page 178 - Edición final para libro digital
P. 178
Outra que leva cinco homes, propiedade de Don Alberto Porrua,
fai os mesmos viaxes que os antecedentes e táxaselle coa mesma renda e
coa propia distinción.
Outra que leva cinco homes, propiedade de Don Alberto Gianze e
Don Antonio Reloba, é máis pequena que as anteriores e calcúlaselle de
ingresos dous mil douscentos trinta e dous reais, cincocentos oitenta e
dous por razón de fretes, e o restante pola como ingresos do comercio
Outra que leva cinco homes, propia de Don Antonio Calderón, fai
os mesmos viaxes que a que lle antecede, e táxase cos mesmos beneficios
e condicións.
Nota: Todos os propietarios destas embarcacións son leigos.
Mariñeiros que serven nestes Barcos
Os mariñeiros que serven en devanditos Pataches e Pinazas son
cento quince, segundo as tripulacións de cada un, cuxos nomes non se
expresan aquí por non ser fixos, pois os patróns, cando fan as súas viaxes
levan aos que son da súa satisfacción, e van alternándoos, á maioría dos
mariñeiros desta Vila, calcúlaselle a ganancia de cada un dos cento quince
expresados anteriormente, que é de catrocentos sete reais e medio, se-
gundo os quiñóns que polas súas persoas lles corresponden de fretes, ben
entendido que nos Pataches queda o barco a terceira parte de devandito
frete, e os outros dous terzos repártense por igual entre os mariñeiros da
tripulación, e nas Pinazas queda o Barco a cuarta parte, e os outras tres
partes divídense igualitariamente entre o mariñeiros, pero dita doazón
177