Page 181 - Edición final para libro digital
P. 181
Eusebio Piñeiro en Compañía de Juana Rodríguez e outra de Domingo
Antonio Sendón.
Mariñeiros
Aos deste Gremio táxanselles dous reais por cada día que van ao
mar, e o mesmo correspóndelle a cada unha das lanchas de falca e pesca,
pois queda un quiñón igual dun mariñeiro para o barco, e en canto ao
número de mariñeiros remítense á lista que der o xuíz de mariña, e ao que
resulte das dilixencias que a súa mercé, devandito subdelegado está a
practicar
Esta lista é certa e verdadeira, e para que conste asinámolo nesta
Vila a vinte e catro de agosto de mil setecentos cincuenta e tres: Francisco
Alejandro de Silva, Domingo Antonio Malvárez, Domingo Antonio Martí-
nez; como substituto de Procurador Xeral Juan de Malvárez, Juan de Ces,
Julio de Mayo, Domingo Antonio Fernández Duque, Genuario de Nodal,
Miguel de Lamiña e Antonio Domingo Romeu Caamaño.”
Este catastro levado a cabo con gran detalle, demostra a importan-
cia da Vila naquel tempo. Debemos ter en conta que, por exemplo Vigo,
aínda una pequena vila por entón, apenas contaba cun poucos centos de
veciños a mediados do século XVIII, non sendo até o 1.867 cando este lugar
do sur de Galicia chega a acadar os mil habitantes na súa poboación. Sen
embargo xa cando se fixo este documento, no ano 1.753, contaba Muros
con uns 2.000 habitantes tan so dentro do que era a Vila.
180