Page 255 - Edición final para libro digital
P. 255
foron os encargados de faceren a rúa que vai desde a estrada principal até
as propias instalacións da fábrica. Segundo contan algunhas persoas que
recordan aquela época, eran estas instalacións as preferidas polos prisionei-
ros enviados os campos de Muros, xa que o Comandante que dirixía esta
cárcere, o capitán Pardal, era unha persoa apreciada polos propios prisio-
neiros, que gozaban de unha relativa liberdade de movemento. Algúns de-
les chegaron a ter moza no pobo e os deixaban saír a diario para estar con
elas. Outros incluso adoitaban percorrer os bares da Vila o terminaren a
Fábrica de Vieta, Antiga prisión na guerra civil. (Foto José M. Bermúdez)
súa xornada, relacionándose cos habitantes do pobo. A rúa que leva até
fábrica de Anido, que hoxe é un restaurante, e coñecida desde entón como
Rúa do pardal. En Vieta, sen
embargo, o encargado do campo de prisioneiros era un home considerado
moi recto e de carácter severo, co cal os que estiveron naquela prisión tive-
ron unha estancia moito mais dura e desagradable. En todo caso non hai
constancia de que neses campos de prisioneiros se infrinxiran castigos in-
254