Page 260 - Edición final para libro digital
P. 260
inestimable axuda da xente de Muros que os recolleron e déronlle hospe-
daxe e coidados, Foron 544 os náufragos salvados que acolleu a poboación
muradá. En agradecemento pola axuda prestada polos veciños da Vila lle foi
outorgado o terceiro título que luce no seu escudo.
Naufraxio do “Lissabón”
O 30 de outubro de 1.900, a seis millas do Cabo Fisterra, nos baixos
de Meixidos, achábase encallado sen posibilidade de manobrar por haber
perdido unha hélice o tocar no fondo dos baixos, o vapor “Lissabon”, un
buque de bandeira alemá construído no 1.892, e cun desprazamento de
950 toneladas, que se dirixía a Muros proveniente de Bristol para cargar
sardiña salgada con destino a Xénova. Desde Muros cursouse un telegrama
a Compañía alemá Rob M: Sloman avisándolle dos problemas que tiña o
barco e da súa posición. Nada mais recibir a nova en Vigo, onde a empresa
tiña oficinas, partiron cara a zona os vapores de pesca, Prim e Valentina,
ambos con base en Bouzas. Coa encomenda de remolcar o Lissabón até o
porto de Muros. Os dous vapores conseguiron dar remolque o buque e
levalo ao peirao da Vila , onde foi parcialmente arranxado para, coa axuda
dos dous remolques poder volver a Vigo e ser reparado totalmente
Naufraxio do “Larache”
O día 24 de xuño de 1.908, festividade de San Xoán, o buque mixto
de carga e pasaxe “Larache”, facía a ruta de Cádiz - Bilbao levando a bordo
97 pasaxeiros en tránsito, despois de facer transbordo na cidade andaluza
procedentes de Buenos Aires e con destino a varios portos galegos. Aparte
dos pasaxeiros viaxaban tamén no navío 53 tripulantes.
259