Page 261 - Edición final para libro digital
P. 261
Despois de haber feito escala sen novidade en Vigo, onde había dei-
xado 105 persoas, desviouse da ruta directa co obxecto de deixar algúns
pasaxeiros e descargar sal en San Uxía de Ribeira, de onde partiu as dúas
da tarde con rumbo a cidade herculina, lugar o que se dirixía para deixar
outra parte do pasaxe antes de continuar a súa ruta cara o país Vasco.
As cinco da tarde, cando navegaba con rumbo a Coruña, formouse
unha espesa néboa, e por causas descoñecidas, o pouco tempo, o barco
chocou contra as pedras nos baixos de Ximiela, a 3 millas de Monte Louro,
preto de onde se afundira o “Cardenal Cisneros”. A embarcación estaba
comandada polo Capitán Ibargaray, experimentado mariño cunha ampla
experiencia e moitos anos de servizo na compañía, quen xa fixera esa ruta
en algunha outra ocasión, e polo tanto coñecedor da mesma.
O segundo maquinista, un dos superviventes, foi o responsable de
que non explotasen as caldeiras, o tomar a iniciativa de parar a máquina no
momento da colisión, dando marxe a botar un bote salvavidas, a pesar de
todo, o caos e a confusión que se desataron a bordo, así como o escaso
tempo que o buque se mantivo a flote, tan so 8 minutos tardou en mergu-
llarse, impediron organizar o salvamento, e o bote, que se encheu de xente,
naufragou xunto co barco.
Das 151 persoas que viaxaban a bordo do “Larache”, tan so foron
rescatadas con vida 66, as cales foron recollidas completamente espidas
polos pesqueiros que se atopaban na zona.
O vapor Weller de Rouzas, co Axudante de Mariña a bordo, xunto o
tenente de carabineiros, o administrador de aduanas e o médico municipal,
dirixiuse o lugar do sinistro sobre as sete da tarde, pero a súa chegada tan
so conseguiron ver a punta dos paus do vapor e varios obxectos flotando.
260