Page 262 - Edición final para libro digital
P. 262
Xa non quedaba preto do lugar ningunha embarcación nin viron ningún
corpo sobre a auga, polo cal, e ante a dificultade de levaren a cabo labores
de procura debido o forte ondada, recolleron tres salvavidas xunto a unha
porta de un camarote e un ramo de flores artificiais e as oito da noite deixa-
ron o lugar do naufraxio.
Cando arribaron o peirao de Muros, sobre as nove da noite, xa se
atopaban na Vila 47 superviventes que habían sido rescatados polos pesca-
dores locais i estaban sendo atendidos e aprovisionados de roupa, alimen-
tos e tabaco. Todos eles foron aloxados en casas do pobo polos veciños.
Outros 19 atopábanse no porto do Son, onde habían sido trasladados polos
barcos de aquela localidade que tamén participaron no rescate
Vapor de pasaxe “Larache” (Fonte “Facebook”)
Na ponte viaxaban o Capitán, o Práctico de costa e o medico e Ca-
pelán do barco, perecendo os tres afogados.
261