Page 266 - Edición final para libro digital
P. 266

colta o buque Sra. María Moro e pasou a formar definitivamente parte da
          Armada en decembro do ano 1.961. Era unha embarcación de 94 metros de

          eslora e 1.552 toneladas de desprazamento.
                 En febreiro de 1.966 partía de Ferrol con rumbo a Cartaxena as 12

          da maña do día 24. O tempo foi empeorando segundo se iñan aproximando
          a Fisterra, xa á altura de cabo Touriñán os ventos alcanzaban forza 9, con
          rachas de até 120 quilómetros por hora . O capitán do Ariete, D. Francisco
          Carrasco  Ruiz,  Capitán  de  corveta,  ordena  reducir  a  marcha  e  continuar

          navegando rumbo sur. Con moitas dificultades alcanzaron Fisterra onde o
          xa atoparon mar fortemente arboredo. Nada mais xirar cabo Fisterra come-
          zan a xurdir unha serie de complicacións  que seria o preludio da traxedia
          final.

                 Despois  de  sufriren  unha  avaría  na  xiroscópica    e  romperen  as

          bombas que fornecían auga a caldeira, en medio dun forte temporal e co
          barco case sen goberno, o  capitán decide arribar a  un porto seguro para
          reparar  o  buque.  Como  primeira  opción  deciden  entrar  en  Muros,  pero
          cambian  de  idea  o  considerar  que  en  Marín  poderían  arranxar  mellor  os
          danos que sufre a nave, polo cal, finalmente optan por dirixirse o peirao da

          Escola Naval Militar de esa localidade. Segundo se vai facendo noite as cou-
          sas  empeoran  cando  un  golpe  de  mar  abre  un  burato  na  proa  do  barco.
          Despois de pasaren a noite loitando contra o mal tempo e as adversas con-

          dicións do navío, xa de madrugada, vense na obriga de parar as máquinas.
                  O despuntar o día atopábanse á altura de Corrubedo totalmente o

          garete e no medio de grandes ondas. Debido as avarías eléctricas non po-
          den solicitar axuda até media maña. A súa mensaxe de socorro recóllea a
          radio costeira de Fisterra e un petroleiro de CAMPSA. “O Camporraso”, que
          facía a ruta de Bilbao a Alxeciras.
                                                                          265
   261   262   263   264   265   266   267   268   269   270   271