Page 271 - Edición final para libro digital
P. 271

manobrar para evitar o fatídico encontro, debido as limitacións que supoñía
          o lastre do aparello, tentou desesperadamente alertar o cargueiro sen que

          o buque iraquí desviase o seu rumbo, como si ninguén ocupase o seu posto
          de mando. Os tripulantes do pesqueiro muradán, tan so puideron contem-
          plar  como  aquela  mole  de  ferro  se  botaba  encima  deles,  tendo  apenas
          tempo de enviar unha sinal de socorro. O barco asiático arroiou violenta-
          mente o pequeno bou, sen que os seus tripulantes tivesen tempo de poñer-

          se  a  salvo.  En  menos  de  cinco  minutos  a  embarcación  pesqueira  foise  o
          fondo con 7 almas no seu interior. Tan so o corpo do Patrón, que se supón
          foi  despedido  pola  colisión,  foi  rescatado  das  augas  xa  sen  vida,  tódolos

          demais ocupantes do “Cizúrquil” foron arrastrados cara o fondo xunto co
          barco.

                 O petroleiro de Campsa, “Campobierzo”, captou a chamada de so-
          corro do arrastreiro e a transmitiu inmediatamente a radio costeira da Co-
          ruña,  pero  os  seus  tripulantes  tan  so

          puideron contemplar como se afundía
          o  barco  muradán  sen  poderen  facer
          nada por rescatar os mariñeiros.

                 Inmediatamente  despois  de
          recibirse  na  Coruña  a  chamada  de

          socorro, partiu cara o lugar do suceso
          a lancha da Cruz Vermella de Fisterra.
          Comezaron  enseguida  as  labores  de
          rescate  levadas  a  cabo  polo  propio
                                                 Cizurquil. Foto José M. Bermúdez
          petroleiro, dous helicópteros enviados
          pola comandancia de mariña e mesmo o barco iraquí causante da desgraza,
          que foi logo dirixido o Porto de Vigo.
                                                                          270
   266   267   268   269   270   271   272   273   274   275   276