Page 270 - Edición final para libro digital
P. 270
O 18 de abril de 2006 tivo lugar en Lira, preto do lugar do naufra-
xio,, un homenaxe en recordo daquel dramático acontecemento. Asistiron
o mesmo ademais das autoridades locais encabezadas polo alcalde de Car-
nota, Don Xosé Manuel García, o almirante Xefe do arsenal de Ferrol, Fran-
cisco Cañete, que presidiu os actos, e 48 veteranos daqueles 168 que for-
maban parte da tripulación do Ariete.
Naufraxio do “Cizúrquil”
O 3 de maio de 1.982, foi para o Concello de Muros un dos días mas
tráxicos da súa historia recente. O pesqueiro muradán “Cizúrquil” atopába-
se a unhas 7 millas o oeste de cabo
Fisterra, onde adoitaba, o igual que
moitos outros barcos con base no
porto de Muros, a largar os seus apa-
rellos, no que era o seu caladoiro
natural, preto da Costa da Morte.
Constaba a súa tripulación ese día de
oito homes, todos eles pertencentes
o Concello de Muros. Habían feito o
último lance da xornada e o pequeno
Cizurquil. Foto (José M. Bermúdez) buque iña en arrastre, polo cal a ma-
ioría dos homes se atopaban no interior do barco en espera de seren cha-
mados para recoller o aparello, tan so o patrón e copropietario do barco,
Juan Antonio Vázquez Martínez, ocupaba a ponte de mando neses momen-
tos. Arredor das seis da tarde divisou un mercante de considerable tamaño
que se dirixía directamente cara a eles, tratábase do cargueiro iraquí “Ira-
nel-Ham”. O patrón do Cizúrquil, ante a imposibilidade pola súa parte de
269