Page 268 - Edición final para libro digital
P. 268
cal, utilizando uns cestos que tiñan a bordo, ante a falta de botes salvavi-
das, póñense a salvo todos os mariños que viaxaban no buque sinistrado.
168 persoas salvaron a súa vida esa noite. Como agradecemento a Vila de
Muros pola súa acollida os náufragos do Ariete, unha das súas áncoras foi
regalada o Concello polas autoridades da mariña. Esta estivo moitos anos
instalada na praza do Concello, onde se atopaba tamén un canón do mes-
mo barco. Hoxe en día pódese ver está áncora no paseo marítimo, a entra-
da da Vila xunto o peirao.
Autoridades agradecendo o pobo desde o balcón do Concello. Entre eles Manuel Fraga
Iribarne e o ministro de Mariña Nieto Antúnez. (Coleción “Foto Otero”)
O periódico “La hoja del lunes”, na súa edición do 28 de febreiro de
1.966 sacaba este artigo: “El heroico comportamiento de los vecinos de los
pueblos de Carnota, Lira y Muros que desde los primeros momentos acu-
dieron sin regatear esfuerzos a prestar todo el auxilio posible en las tareas
de rescate de la tripulación de la fragata "Ariete" ha merecido los elogios
de las autoridades de Marina.
267