Page 263 - Edición final para libro digital
P. 263

A  compañía  propietaria  do  barco  enviou  a  Muros  outro  vapor,  o
          “Leonora”,  para  recoller  as  vítimas,  pero  moitos  dos  sobreviventes  non

          quixeron volver a embarcar, polo cal deberon ser trasladados por terra
                 O “Larache”, un  vapor dos coñecidos como “Lanzadera”, porque

          adoitaban facer a ruta de enlace dos portos onde arribaban os grandes co-
          rreos que viaxaban a América cos demais portos da península, pertencía a
          Compañía Trasatlántica Española, Era un barco de 80 metros de eslora e 7
          de manga que fora construído en 1.872. Na súa botadura foi bautizado co

          nome de “José Baró”. Dispoñía de 22 liteiras de primeira crase, 10 de se-
          gunda e 310 de terceira.

                 Nunca se chegou a coñecer a razón pola la cal  o “Larache” chegou
          a desviarse tanto do seu rumbo como para chegar a bater nas pedras tendo
          en conta a experiencia do capitán e o gran coñecemento da costa que tiña o

          practico que iña a bordo. O naufraxio do “Larache” seguirá sendo un dos
          tantos misterios mergullados para sempre na Costa da Morte.

                 Desde a Comandancia de mariña e desde a compañía armadora do
          barco  enviáronse  sendas  notas  de  agradecemento  os  muradáns  polo  seu
          comportamento neste naufraxio. Unha vez mais o Pobo de Muros amosou
          o país a súa solidariedade coas vítimas dunha traxedia, o igual que xa fixera

          no naufraxio do “Cardenal Cisneros”.

                Naufraxio do “Balandro de Goday”



                 O 30 de novembro de 1.910, o Balandro, coñecido como o “Goday”
          navegaba procedente de Vigo con destino o porto de Muros, onde preten-
          día arribar o día 29, cando un gran temporal de choiva e fortes ventos o

          sorprendeu durante a súa travesía. Durante varias horas pelexaron contra o
                                                                          262
   258   259   260   261   262   263   264   265   266   267   268