Page 267 - Edición final para libro digital
P. 267
As 12:30 da maña chega o petroleiro o costado do Ariete, pero non
pode facer mais que escoltalo o non dispoñer de medios para intentar un
remolque. A fragata atopábase perigosamente preto dos baixos da Pragui-
ña, en Corrubedo e seguía derivando cara o nordeste. Arredor da unha do
mediodía, estando xa o Ariete á altura de Monte Louro, chega o su costado
o destrutor “Legazpi”, que consigue darlle un remolque, pero as estachas
non aguantan a forza exercida polas ondas e parten con facilidade. Despois
de moitos intentos por renovar o remolque sen conseguilo, achéganse peri-
gosamente os baixos de Meixide, onde os barcos que os escoltan teñen que
apartarse ante o risco de embarrancaren.
O Ariete consigue pasar a deriva os baixos sen tocar neles, a pesar
das ondas de mais de 12 metros que sacudían violentamente a nave, pero
sobre as 10:00 da noite, xa totalmente a escuras, embarranca preto da
praia do Ardeleiro, en Lira. Cunha admirable destreza e sangue fría, axuda-
dos polos veciños
de Lira que se
votaron o mar
arriscando as súas
vidas para salvar a
aqueles homes, e
alumeados polos
faros de dous
tractores que
tamén foron
achegados a cos-
Áncora da Fragata Ariete. (Foto José M. Bermúdez)
ta, os tripulantes
do Ariete conseguen votar un cabo a terra e armar un andarivel mediante o
266