Page 264 - Edición final para libro digital
P. 264

mal tempo intentando a toda costa alcanzar a nosa Ría. Despois de moito
          loitar durante toda a noite, conseguiron chegar as inmediacións de Monte

          Louro, preto das oito da mañá. Créndose xa a salvo, xiraron con rumbo nor-
          deste para dirixirse o porto de Muros. A desgraza quixo que un refacho de
          vento fixera envorcar o balandro xusto cando xa estaban entrando na Ría.
          Moitos  veciños  de  Louro  acudiron  a praia  de  San  Francisco  para  intentar
          axudar no rescate dos náufragos, pero a forza do mar impediulles sequera

          botar á auga os botes de pequenas dimensións que se atopaban varados no
          areal. Aquela xente non puido mais que observar con impotencia como os
          mariñeiros do balandro intentaban gañar a costa a nado. Dos cinco tripu-

          lantes do “Goday”, tan so catro conseguiron chegar a terra, un mariñeiro,
          veciño  de  Muros  e  chamado  Luciano  Vázquez,  faleceu  afogado  entre  as
          ondas o non poder alcanzar  a ribeira.

                            Naufraxio do “X-2”



                 O 3 de Outubro do ano 1.922, o vapor con base en Muros, “X-2”,

          afundiuse a 3 millas o norte Das Basoras o ser arrolado polo vapor con ma-
          trícula de Corrubedo, “Guerra”. O buque causante da traxedia fuxiu do lugar
          do sinistro deixando abandonados os tripulantes do “X-2” que probable-
          mente, debido a rapidez coa que o barco se foi a pique, foron arrastrados o

          fondo polo mesmo ou afogaron na súa posterior loita contra as ondas e as
          baixas temperaturas da auga. Tan so apareceu o corpo dun dos tripulantes,
          Jesús silva, maquinista do “X-2” e natural da nosa  Vila , o igual que tódalas
          demais vítimas, que foi atopado polo “Portals”, outro vapor con base no

          mesmo porto de Muros, que pasou polo sitio doce horas mais tarde. A pe-
          sar de haber sido topado con vida, como consecuencia da súa longa loita co
          mar e do frío soportado durante tantas horas somerxido, faleceu o pouco
                                                                          263
   259   260   261   262   263   264   265   266   267   268   269