Page 274 - Edición final para libro digital
P. 274

barcos, que non saíron ese día o mar, tamén colgaban en  moitos  balcóns
          das casas lazos ou crespóns amosando a súa dor pola desgraza acontecida,

          os  taxis  colgaron  cintas  negras  nas  súas  antenas,  os  comercios  pecharon
          durante o enterro e non houbo poxa de peixe na lonxa en sinal   de duelo
          polas vítimas.

                 O 7 de maio celebráronse os funerais polos desaparecidos na Igrexa
          parroquial de Muros. Os actos foron oficiados polo Arcebispo de Santiago,

          Monseñor Suquía, e asistiron os mesmos as máximas autoridades da comu-
          nidade, encabezadas polo entón presidente da Xunta, Don Gerardo Fernán-
          dez Albor. Unha enorme multitude de mas de 12.000 persoas, estivo pre-
          sente  apoiando  os  familiares  naquel  acto.  Tamén  asistiron  os  medios  de
          comunicación mais importantes de España e algúns estranxeiros para cubrir

          tan desgraciado acontecemento.

                 Durante unha larga tempada deixáronse notar no Concello os efec-
          tos daquela gran traxedia.

                             Outros Naufraxios



                 Moitos foron os barcos de Muros que se perderon para sempre no

          fondo do Océano, o mesmo mar que nos dou a vida tamén foi causante de
          moitas  mortes,  e  para  o  recordo  quedan  os  nomes  daqueles  barcos  que
          forman parte da historia da nosa Vila e son homenaxe eterno a unha xente
          dura e valente que forxou, a base de sacrificio e traballo, o pasado e o pre-

          sente de un pobo que naceu, creceu e vive de cara o mar.
                 Os seguintes  son algúns dos barcos da Vila de Muros que queda-

          ron para sempre no fondo do mar ou se deixaron vidas nel:


                                                                          273
   269   270   271   272   273   274   275   276   277   278   279