Page 279 - Edición final para libro digital
P. 279

pe  outorgoulles  as  ordenanzas  o  7  de  maio  de  1.406.  O  respecto  deste
          acontecemento, outra fonte consultada di o seguinte. “Información recen-

          temente publicada do "Tumbo de la Luminaria de San Pedro e Santa Ma-
          ría de la villa de Muros" amosa repetidamente, entre 1384 (primeiro ano
          do Tombo) e 1484, a existencia dunha rexa muralla medieval, chamada
          "cerca"  ou  "muro  do  concello",  que  vai  resistir  ó  ataque  portugués  de
          1389”. Ambas versións aparecen documentadas. En todo caso non hai dú-

          bida do ataque portugués sufrido pola Vila naquel tempo.

                 Ano 1.400: Remata a construción da nova Igrexa parroquial de San-
          ta María do Campo.

                 Ano 1.406: O 7 de maio, o Arcebispo Don Lope de Mendoza dálle a

          Vila as primeiras ordenanzas.

                 Ano 1.418: Terminadas as obras de reconstrución do “Hospitalillo”.
          Don Diego Rodríguez de Muros leva a cabo a súa fundación.

                 Ano 1.421: O 21 de novembro, Don Fernán Bono deixa as casas de
          Outeiro de Fumes, o que actualmente é “O Viñal”, para fins benéficos, estas

          serían utilizadas para acoller os lacerados de Santa María. Naquel tempo xa
          contaba Muros co hospital de probes de San pedro e o hospital de lázaros
          de Santa María do Camiño, no que agora é a Virxe do Camiño.

                 Ano 1.432: Construíse a fábrica do convento de Louro.


                 Ano  1.432:  e  1.437:  Áchanse  nos  Breves  do  Papa  Eugenio  IV,
          (1.432), e nos do antipapa Benedicto XIII, 1.437), os primeiros documentos
          coñecidos sobre o Convento de Louro.





                                                                          278
   274   275   276   277   278   279   280   281   282   283   284