Page 281 - Edición final para libro digital
P. 281
Ano 1.520: Lévase a cabo a reconstrución da muralla que rodeaba a
Vila por iniciativa do Arcebispo de Santiago, Fonseca III. Comézanse as
obras o 27 de outubro.
Ano 1.544: O día 25 de outubro, fronte a Vila de Muros, a escuadra
española comandada polo almirante Don Álvaro de Bazán enfrontase coa
armada francesa, a cal vence causándolle mais de 3.000 baixas. Este acon-
tecemento é coñecido como a Batalla de
Muros.
Ano 1.550: aparece na “Descripció
del reyno de Galizia”, do licenciado Moli-
na, a referencia a Muros como unha das
doce cidades mais poboadas de Galicia,
con 1.200 habitantes mais que Noia.
Ano 1.571: O Rei Felipe II, alcuma-
do “El Prudente”, volve a confirmar o 1 de
febreiro, a "Carta-Puebla concedida a Mu-
ros polo Rei Sancho IV.
Ano 1.625: Faise público un censo
no cal destaca o gran crecemento que tivo
a Vila cara o exterior das murallas. Eses
datos dan como habitantes dentro da Cer-
Felipe II
ca a tan so 30 veciños mentres que os de-
mais vivían xa nos arrabaldes.
Ano 1.628: A primeira escuadra que tivo o Reino de Galicia, arribou
o porto de Muros na súa viaxe inaugural. No mes de outubro, chegaron a
280