Page 280 - Edición final para libro digital
P. 280
Ano 1.452: Muros é nomeado polo Rei de Castela, Juan II, como un
dos mais grandes portos de Galicia e habilítao para o comercio de importa-
ción i exportación.
Ano 1.475: O insigne muradán, don Diego de Muros I, consigue en
Villadiego a mercé de poder abrir o porto de Muros a carga e descarga de
sal.
Ano 1.480: Confírmase por parte dos Reis Católicos, o privilexio que
xa Muros posuía de antigo, consistente en que todo mariñeiro da Vila que
fose condenado a morte tivese a distinción de “Hijosdalgo”, agás os conde-
nados por delito de alta traizón. Este
privilexio dáballes o dereito a morrer
degolados e non esganados, o cal era
considerado unha morte infame.
Ano 1.487: Foi neste ano can-
do moitos mariños de Muros partici-
paron na conquista de Málaga. No
escudo da Vila está representado este
acontecemento na carabela que luce
no cuartel inferior.
Ano 1.496: O catro de xaneiro
Alonso de Fonseca
é confirmada polos Reis Católicos a
"Carta-Puebla" de constitución da Vila e o seu distrito, outorgada por San-
cho IV en 1.286.
Ano 1.500: O 14 de maio, o Papa Alexandro VI, concede a Igrexa de
Muros a condición de Colexiata.
279