Page 275 - Edición final para libro digital
P. 275
“Jesús del Gran Poder”; fundido a catro millas de punta Remedios,
en Lira, na década dos 40. O “Felisa Domínguez”, Foi a pique a 12 millas o
suroeste de Monte Louro aló polos anos cincuenta, década na que tamén se
perdeu na punta de Lens o pesqueiro “San Eusebio”. “Arenys de Mar”,
embarrancado nas pedras de Monte Louro nos anos sesenta, aínda hoxe se
poden atopar restos deste naufraxio entre as pedras de dito monte, preto
do mar. Na década dos setenta foi a pique o “Rosa Náutica” o ser arroiado
por un pequeno buque tanque que navegaba con rumbo os seus caladoiros,
a seis millas de Cabo Corrubedo. Tamén nos anos setenta desapareceu o
“Cordero de Belén”, despois de embarrancar na praia da Area Maior, tamén
neste caso quedan aínda vestixios do naufraxio espallados por entre as
dunas da praia.
Xa nos anos oitenta houbo outros naufraxios dos cales algúns ter-
minaron en verdadeira traxedia.
O “Peña Negra” afundiuse a causa de unha vía de auga a sete millas
o suroeste de Monte Louro. O 3 de maio de 1.982, o bou de ferro, Cizurquil,
foi votado a pique por un mercante iraquí a 7 millas de Cabo Fisterra mo-
rrendo tódolos tripulantes do pesqueiro. Tan so apareceu o corpo do pa-
trón. O “Laca Burgoa”, En decembro de 1.973, despois de sufrir unha aviría
que lle obrigou a parar a máquina, e ante o risco de embarrancaren no mei-
xón, foi abandonado polos seus tripulantes, que acadaron a costa, uns na
balsa salvavidas e outros a nado. Tan so un dos seus náufragos non conse-
guiu acadar a beira; un veciño da parroquia de Tal, que facía de patrón de
costa, , desapareceu e o seu corpo nunca foi atopado. O barco foi recupe-
rado mais tarde, a deriva e sen haber sufrido dano algún.
No ano 1.991 o “Laxana2 embarrancou debaixo da ermida da Virxe
da Barca, na entrada do porto de Muxía. No ano 1.999 naufragou o San
274